Alberto Rumbo foi o primeiro despedido inxustamente, o primeiro da que pretenden sexa unha longa lista. O día 27 de febreiro comezamos o proceso de mobilizacións grazas á participación dos compañeiros e compañeiras que responderon solidariamente para demandar a súa readmisión, para que volva a traballar con todos e todas nos. Non cesaremos na loita.
Somos conscientes que a Dirección confía nunha lexislación que os favorece, pero non contan coa nosa capacidade de reacción, os traballadores e traballadoras podemos impoñernos ante as decisións inxustas, sexan despedimentos individuais ou colectivos.
A mobilización foi dos traballadores e traballadoras, nos vindeiros días as mobilizacións expenderanse, serán do sindicato e da clientela. Veciños de Paderne están recollendo masivamente sinaturas en apoio ao compañeiro, para que sexa readmitido e a seguinte mobilización será deles.
A Dirección aparenta non escoitar, pero escoitaran aos que defendemos o dereito a traballar fronte o seu dereito a facer negocio, queiran ou non.
Esta é a batalla contra o primeiro despedimento inxusto e temos que combatelo conscientes de que detras dese viran mais despedimentos e novas batallas. Queren aproveitar as reformas para despedir de balde pero teralle un custe, hai conflito, non hai outro camiño.
Mira aquí a nova na web da CIG.
Mira aquí a nova na web da CIG.
READMISIÓN ALBERTO RUMBO XA!!!
2 comentários:
Que pasa coa paga de marzo? din que non corresponde, despois din que a abonan, agora din que queren recortar salarios...todo isto non será para quitar a paga de marzo sin contestación, cambiar o plan de pensións e despedir a moitos compañeiros?
Ánimo Alberto, estamos todos contigo. Readmisión xa!!!!
Enviar um comentário