29.12.11

Reunión coa Dirección resumo breve

Novagalicia banco ten beneficios en Galiza, fora está en perdas.

Sobran 350 persoas nos SSCC, que na súa maior parte estan en Galiza, e queren negociar como despedilos. Si en Galiza déramos perdas, despedirían en Madrid?

Ante un posible novo ERE hai quen considera un "logro" que a Dirección llo presente á representación sindical, cando XA É ASÍ LEGALMENTE. Cousas da UGT, que xa está disposta a admitir que se elimine a paga de marzo "si así no hay despidos".

Dende a Dirección din que en Galiza non pecharan mais oficinas, ata o de agora a reestruturación centrouse aquí, agora pecharan oficinas no resto do Estado.

Só 31 persoas se acolleron a ampliación do ERE a través de baixas incentivadas. Menos mal que segundo algúns a ampliación do ERE respondia a unha petición dos traballadores/as.

Entre o 15 e o 27 de xaneiro, unha vez pechado o exercicio, saberemos si se cobrará ou non a paga de marzo. Evidente.

A saída de María Victoria foi "amistosa". Coñecendo o refran: "amiguiños si, pero a vaquiña polo que vale", queda a pregunta no aire, canto custou a saída?

A entrada de investidores foi un "éxito". Agardamos que utilicen o mesmo criterio para valorar o cumprimento de obxectivos polo persoal das oficinas.

1 comentário:

Anónimo disse...

Aos novos directivos xa che chaman os million dolar babies.