21.12.11

Fracaso do proceso de recapitalización

No momento en que Alberte Núñez Feijóo, puxo a fronte de Novacaixagalicia a Castellano, despregouse unha forte campaña mediática. Nós mantivemos unha actitude crítica, nomeadamente, cando no mes de setembro Ncg banco tivo que ser nacionalizada, sen que houbese investidores privados. O tempo demostrou que a operación de recapitalización está sendo un fracaso (se hai que despedir a alguén por méritos .......…)

Apoiamos o mantemento do proxecto empresarial autónomo de Novagalicia, como mellor garantía de emprego. Unha absorción por outra entidade tería un maior custe laboral. A prohibición das prexubilacións anunciada por Rajoy na investidura fortalece a nosa oposición a calquera absorción.

En todo caso, consideramos preciso que a Xunta de Galicia, que foi parte do problema, entre a formar parte do capital de Novagalicia banco, a través dun plan financeiro que non implicaría un incremento do déficit orzamentario comunitario. Cunha cota do 42% do mercado financeiro en Galiza, non será posible a reactivación económica mentres a nosa empresa non estea en disposición de retomar o creto ás pemes, para o cal é preciso a recapitalización urxente da mesma.

Queremos crer que a entrada de J.Mª Castellano e César Glez-Bueno no accionariado tiña como obxectivo dar unha mostra da súa confianza no proxecto, pero foi mal vista por moitos traballadores/as aos que non se permitiu entrar na recapitalización.

Sempre defendemos a participación do persoal no plano de recapitalización, tanto a nivel individual como colectivo a través dos Plans de Pensións. Unha vía que seguimos defendendo ante a situación de perigo creada polo fracaso do plan Feijóo/Castellano.

1 comentário:

Anónimo disse...

Non sería mala cousa que tanto a Xunta coma as Deputacións participaran no accionariado. Ademáis, non só os "fondos americanos" deberan entrar senon tamen os galegos, principalmente "o fondo de pensións" dos empresgados da propia Caixa/Banco.