4.12.11

30 millóns...de razóns para telos denunciado

Segundo informou novagalicia banco á CNMV, no informe ao que podedes aceder aquí, 4 exdirectivos cobraron 30 millóns de euros aos que habería que sumar os pagos a José Luis Méndez e Julio Fernandez Gayoso feitos con anterioridade.

Non se comunican os pagos realizados a outras persoas da cúpula directiva que incrementaron os seus salarios en outubro de 2010 e que abandonaron á empresa colándose no ERE (co visto bo do Ministerio de Traballo).

Dende o 14/9 ao 31/10, (mes e medio), as retribucións aos directivos ascenderon a  510,483 euros.

Segundo informa El País, o actual Consello de Administración cobrou en mes e medio mais que os anteriores en 9 meses.

1 comentário:

O da silla de rodas disse...

A pena é que non lles dera un yu-yu e quedaran como Stephen William Hawking, pero sen ordenador.Que ben ian pasalo!!!