3.11.11

Recoñecen que cobraron e cobrarán, pero culpan á CIG

Acto sinatura do novo ERE
Curiosamente UGT e CCOO fixeron comunicados por separado, pero ambos teñen a mesma estrutura, (recoñecen os pagos, din que veñen do 2004, que a xente da CIG non se entera e rematan con descalificacións persoais e manipulando poñendo palabras na boca doutros). Quizás estas coincidencia nos comunicados dáse porque tamén teñen un consultor que lles fai os comunicados e lles di o que deben dicir.

Ningunha das dúas organizacións (CCOO e UGT) negou que participen no accionariado de CPPS e que esta pretendía facturarlle 60.000 euros a novagalicia banco por asesorar aos sindicatos, factura que quedará en 17.000 euros despois dun vergoñento regateo. A CIG non mentiu en ningún momento no seu comunicado.

Resulta especialmente chamativo que cobren de novagalicia banco e que se xustifiquen dicindo que "esta consultora está interviniendo practicamente en todos los procesos de unificación e integraciones de planes de pensiones, que actualmente se estan realizando en nuestro entorno". Vaia negoción teñen montado!.

Pero a cousa non ven de agora, din que veñen facturando dende o 2004 a Caixa Galicia e que a CIG o sabía, (dende logo non sabiamos daquela de quen era CPPS).

Unha empresa que é deles cobra de novagalicia banco (pensabamos que JM Castellano ia implantar un concurso para contratar os provedores), e cobrou da Caixa Galicia, pero a culpa é da CIG por non sabemos antes e non denuncialo, pois vale. E que non nos fagan dicir quen pediu a contratación de CPPS e quen negociou o prezo.

Si están convencidos de que a súa actuación é correcta, moral e ética, non entendemos que carguen desaforados e con resentimento caendo na descalificación persoal e na manipulación mais absoluta poñendo palabras en boca de terceiras persoas.

Por último si a "Unidade de Acción" pasa por que traguemos cos despedimentos vía ERE para poder compartir con eles e coa Dirección mesa e mantel nas Comisións de Seguimento, con nos que non conten.

1 comentário:

Obreiro parado... disse...

GP sonrie porque estaba cobrando o cheque?

Que obscenidade de foto, asinando despedimentos e todos sorrintes e contentos.