27.10.11

Gayoso e Varela estaban obrigados a deixar o Consello de Administración do Banco

Na Asemblea Xeral na que se procedeu ao nomeamento de Mauro Varela e Julio Fernández Gayoso como representantes de novacaixagalicia no Consello de Administración do Banco, avisamos na nosa intervención que ditos nomeamentos entraban en contradicción co establecido na lei e que polo tanto podían ser ilegais. Lóxicamente votamos en contra, un 94% votou a favor. E tal e como fixéramos na asemblea ordinaria solicitamos a demisión dos órganos de goberno e da alta dirección.

A súa saida actual, que quere ser presentada coma unha renuncia, responde a incompatibilidade dos seus cargos en novacaixagalicia cos dos Consello de Administración do Banco. Tamén é froito da presión social ante unha indemnizacións multimillonarias que eles defenden.

1 comentário:

Ido disse...

Hainas moito mellores:

http://www.youtube.com/watch?v=2FsnOIoZFwk

http://www.youtube.com/watch?v=3PLmJ9Ayf6o