15.11.11

A Fiscalía Xeral do Estado contesta a nosa denuncia

A Fiscalía Xeral do Estado, ante a que teñamos presentado denuncia tanto polas indemnizacións multimillonarias, como pola valoración a baixa da Caixa (que podería deberse a que os libros non reflectían fielmente o valor ou a un acordo entre BdE e investidores para rebaixalo). Agora a Fiscalía Xeral do Estado comunicounos en escrito datado o 2 de novembro que trasladou á Fiscalía Especial contra a Corrupción e a Criminalidade Organizada a nosa denuncia. Que non fose arquivada é unha boa nova.

Lamentar que a día de hoxe non recibíramos contestación da denuncia no Banco de España. Así mesmo é convinte lembrar que malia o escándalo social só a CIG presentou denuncias o que contrasta coa actuación do PPdG que vetou no Parlamento Galego a creación dunha comisión de investigación.

1 comentário:

Banco Malo disse...

Que se pode esperar do "gaseosas" si é unha marioneta do Rajoy (vaia dous para a Historia do noso pais xunto co Caudillo. Esquecía ao bailaor que mirade como está por bañarse onde non debía, ten a cadeira chea de plutonio).Senón fora pola CIG xa estaba todo o peixe regalado. E o Sr.Castellanos e o seu equipo "A ROXA" que saiba que Galiza non se vende.