A negociación para a unificación dos Plans de Pensións comeza cunha sorpresa, o banco pagará 17.000 euros a CPPS, empresa na que CCOO e UGT son accionistas, por “asesoralos” sindicatos. O sindicatos xa recibimos ademais axudas de custe por parte da empresa.
A cota sindical que pagan os afiliados e afiliadas á CIG serve, entre outras cuestión, para formar aos delegados/as e para pagar asesores, avogados, economistas ou técnicos que nos asesoran día a día nas negociacións, conflitos, etc. Ademais unha parte da cota engrosa a caixa de resistencia que permite aos afiliados/as en folga percibir parte do salario a partir do 6 día de folga. A Caixa de resistencia é habitual nos sindicatos europeos, pero en Galiza só a CIG conta con ela.
Na negociación para unificación dos Plans de Pensións a CIG contará polo tanto, co asesoramento de balde da estrutura do sindicato, como en calquera empresa, pero ademais para iso temos centos e centos de afiliados/as en novagalicia banco.
Na segunda reunión á que fomos convocados pola Dirección da empresa para negociar a unificación dos plans de pensións, asistimos pola maña a unha presentación organizada por CPPS, empresa que xa estaba contratada como “asesora sindical” en Caixa Galicia. Pola tarde houbo unha reunión coa empresa na que se discutiu o custe dese asesoramento (o orzamento inicial chegaba aos 60.000 euros e foi rexeitado incluso polos sindicatos accionistas de CPPS). Finalmente a empresa comunicou que acepta pagar 17.000 euros a CPPS.
Ese tipo de cuestións deben ser explicadas aos traballadores/as con luz e taquígrafos, dende a CIG estivemos agardando a que se fixera por parte de CCOO e UGT, e que nos digan a canto ascende a facturación dos últimos anos. O seu silencio é un novo escándalo.
A negociación de unificación dos plans de pensións é complexa e precisaremos asesoramento, pero para iso deberían estar as cotas sindicais ou as axudas de custe e compensacións de gastos que xa recibíamos os sindicatos das antigas Caixas.
Pode que a CCOO e UGT asinar ERE´s e malos acordos lles supoña importantes baixas na afiliación e teñanproblemas para chegar a fin de mes, pero cobrar por facer o traballo sindical non nos parece de recibo.
Para o persoal de novagalicia banco,
CIG o sindicalismo galego de toda a vida.
4 comentários:
Joaquin Prat:
Seguintes concursantes, CC.OO. e UGT, A COOOOMMMEEEEEEERRRRRRRR !!!!!!
Teñen dificil negalo, pero si ata o anuncian na súa páxina web:
http://congresos.ccoo.es/diaAdiaNoticia.asp?secuencial=410
A CCOO e UGT debe de facerlle os comunicados a mesma persoa (debe ser un consultor).
No mesmo desempolban o do ano 2004 e rematan con descalifiacións persoais e poñendo frases na boca de terceiras persoas.
Identico guión para distintos comunicados, hummm!! que interesante.
Creo que no se puede caer en la descalificación personal, soy afiliado de CCOO pero no comparto su comunicado. Un saludo para los afectados y una abrazo desde Orense.
Enviar um comentário