12.7.11

O Banco Gallego, participado por ncg, alega perdas de 33 euros para despedir

A Dirección do Banco Gallego, entidade participada por novacaixagalicia, comunicou onte 4 despedimentos alegando causas obxectivas (cunha indemnización legal de 20 días por ano traballados), despois de decidir o peche de varias oficinas en Galiza, a de Touro e a do Pino do Val (Mazaricos) na Coruña e Ferreira do Valadouro en Lugo.

Nun caso alegan que o ano pasado a oficina tivo unhas perdas de 73 euros, noutro caso de 33 euros. Para as Direccións esas perdas xustifican os despedimentos de compañeiros con anos de traballo. 

4 comentários:

A Ferrería disse...

Dicirlle á Dirección que poñen os empregados a pasta para non ter perdas.Para máis INRI o Galego é noso. Aí nos ven!!!!

Tasmanian debil disse...

Saco en conclusion que si o Bco Gallego baixou neste ultimo exercicio os beneficios porenmaisa na rua os responsables comerciales, consello de administración e demais mentes preclaras.

Aparte. Propoño á CIG que ingresa a fondo perdido eses cuartos para que os compañeiros non perdan os seus postos de traballo

Alcume disse...

Dicide algo da derradeira "tentativa" dalguns por ficar coma sexa contra vento e marea. Dalles igual mandarnos a todos polo barranco mentres eles estean no sillón

Cousteau disse...

Ese é o banco de probas para ver como respira a xente e traer esa proposta a NCG BANK.

Que si, que chegou o tiburón.