14.6.11

A ¿última?: as vacacións

Prohibiron unilateralmente ao persoal disfrutar do dereito a vacacións durante o verano, o efecto foi que se acumularon a maior parte das saídas de vacacións para o último trimestre do ano. Situación que a súa vez a Dirección pretende solucionar ampliando en 3 días as vacacións do persoal que decida pospoñelas para o primeiro trimestre de 2012 (trasladando o problema ao ano que ven).

Agora o persoal procedente de caixanova, cando menos o da cidade de Vigo, recibiu un aviso: dende a semana que ven ata o 16 de agosto teran que asistir unha tarde a semana para recibir formación sobre o aplicativo informático de Caixa Galicia. Horas extras de balde, claro. 

Persoal procedente de Caixa Galicia, que tampouco pode coller vacacións no verano, adheriuse "voluntariamente" ao plan nexo. Formará ao persoal de Caixanova, tamén de balde, aquí dereito a cobrar só teñen os Directivos. 

Novacaixagalicia solicitou informe aos sindicatos para poder solicitar as subvencións de formación da Fundación Tripartita. A CIG deciciu non informar favorablemente e semella que atinamos. Recibir diñeiro das nosas cotizacións para formación, cando esta temos que dala e recibila gratuitamente non semella de recibo.

Mais que en ncg-bank semella que traballamos na ncg-ONG.

1 comentário:

Alvaro del Portillo disse...

Chiño, estos son do OPUS. Leede, punto 373 de "CAMINO" (Escribá de Balaguer, Xose María):
"Me gusta tu lema de apóstol: «Trabajar sin descanso»".