Onte celebrouse en Ourense, coa mediación dunha arbitro (Inspectora de Traballo) a arbitraxe polas impugnacións presentadas pola UGT contra a convocatoria de eleccións sindicais nas catro provincias galegas.
Unha vez mais defendimos o dereito democrático dos traballadores e traballadoras de novagalicia banco a elixir os seus representantes, a través dun proceso de eleccións.
Non cabe seguir prorrogando mandatos vencidos, para manter unha suposta representatividade maioritaria, non respaldada polas urnas.
Maña manteremos unha reunión con todos os sindicatos e a empresa, para tratar de chegar a un acordo sobre as eleccións sindicais en novagalicia. Daremos cumprida conta do que alí tratemos, pero o noso único obxectivo é que podades votar.
Sem comentários:
Enviar um comentário