5.4.14

O ERE non se pecha

Onte remitimos un comunicado a todo o persoal explicando o contido da reunión coa Dirección, en todo caso a CIG non asinou o ERE, o ten impugnado reclamando que sexa anulado pola xustiza, pendente do recurso presentado no Tribunal Supremo. A única esperanza para que non se aplique.
Non aceptamos despedimentos, nin o horario estendido, nin as drásticas reducións de xornada. Non enganamos ao cadro de persoal, sempre advertimos que quedarían 3.334 postos de traballo, que o ERE IV non modificou o establecido no Plan de Reestruturacion.
Daremos a batalla en defensa do emprego e das condicións laborais. Somos os únicos con lexitimidade para poder afirmalo. Para iso precisamos o voso apoio.
Unha gran parte das persoas que onte representaban ao persoal na reunión teñen pactada a prexubilacion, si ainda non marcharon e por beneficio propio. As medidas contempladas no ERE non lles afectan, por iso na reunión so trataron temas intrascendentes.
Coma a todos e todas vos preocupanos o futuro. Queredes que non haxa un despedimento mais e que non haxa mais recortes. Nos tamen, somos parte do cadro de persoal.

Sem comentários: