A final de 2014 vence o Convenio Colectivo das Caixas (dende
2010 levamos acumulada unha perda salarial do 8,4%), pero se Novagalicia Banco
é absorbida polo Banco Etcheverría, o novo Convenio de aplicación sería o da
Banca Privada. Entre outras cuestións, desaparecería a Clasificación de
Oficinas que regula o nivel profesional do persoal apoderado.
Na
reunión do 16 de outubro de 2013, a CIG non asinou o Acordo de Clasificación de
Oficinas, por entender que podía ser efémero (xa estaba a poxa en marcha), que
era unha nova retallada encuberta das condicións laborais e que, ademais, careciamos
de información sobre o seu impacto no peche do ano 2013, pero albiscábase que
sería negativo.
Todas as eivas que
argumentabamos, vénse agora reflectidas na Clasificación 2013, dun total de 515 oficinas, descenden 232.
A maior parte das oficinas agrúpanse nos niveis máis baixos, malia que pechou
un gran número de oficinas pequenas. A
baixada das oficinas implica a baixa de nivel salarial e a baixada do salario
mínimo garantido.
NIVEL
|
Clasificación Anterior
|
Clasificación Nova
|
0
|
27
|
10
|
1
|
74
|
51
|
2
|
151
|
126
|
3
|
128
|
152
|
4
|
63
|
126
|
5
|
72
|
50
|
Total
|
515
|
515
|
O posto de
subdirector/interventor era de obrigada cobertura conforme ao “Laudo 86”; na nova Clasificación, a empresa eliminou a obriga de cubrir
eses postos nas oficinas de nivel IV e V (176 oficinas). Iso permitiralle que nesas
oficinas quede unha soa persoa.
As variables utilizadas non valoran a
carga de traballo do persoal. A oficina
con maior rateo de volume de
negocio/empregado sitúase no posto
92; a segunda no 227.
Por
todo o anterior, propuxemos un paquete de medidas de carácter transitorio, pero
sobre todo, demandamos a apertura
dun proceso de negociación para corrixir
todas as eivas do acordo do 16 de outubro ratificado pola empresa, CCOO-UGT-CSICA e ASCA. Queremos
ademais que se garanta no futuro a continuidade dunha clasificación.
Temos o convencemento de que a Clasificación de
Oficinas pode ser o mellor incentivo, o maior recoñecemento ao traballo;
ademais, trátase dun sistema que encaixa na nova normativa europea da ESMA (e
da CNMV), nas directrices sobre políticas e prácticas de retribucións no sector
financeiro.
1 comentário:
Enviar um comentário