Tout pour le peuple et par le peuple
Government of the people, by the people, and for the
people
A primeira frase en frances,”todo para o pobo pero sin o pobo” é usada
dende o século XVIII para definir o “Despotismo”. O goberno dos déspotas.
A segunda frase tamén nese idioma, “Todo para o pobo e polo pobo”, foi
un dos lemas da revolución francesa, inspirado por Rousseau que defendía que a
soberanía reca no pobo.
A terceira frase en ingles, “Goberno do pobo, polo o pobo e para o pobo“,
foi utilizada por Abraham Linconl e define o concepto actual da democracia.
Os traballadores e traballadoras
fomos vítimas dun Despotismo Sindical, non se tivo en conta a opinión malia
que os acordos eliminaron o 50% dos postos de traballo e se recortaron condicións
laborais. Semella que só as cúpulas dos autodenominados “sindicatos
maioritarios” saben i están preparados para decidir o que é mellor para nos. Tratan
ao conxunto do cadro de persoal como si fósemos nenos pequenos ou idiotas.
Dende a CIG sempre defendemos
que calquera acordo que afecte ao empresa debe ser ratificado polo conxunto do
cadro de persoal, ben a través de asembleas ou a través da convocatoria de
referendos. Nunca o permitiron.
Agora convocamos eleccións sindicais nas catro provincia, pero foron
impugnadas pola UGT, sindicato que non deu ainda explicacións ao cadro de persoal.
Cando se produza a venda haberá que negociar coa nova empresa tanto o
plan de reestruturación, coma as novas condicións laborais.
Hoxe mais do 50% dos traballadores/as que votaron nas últimas eleccións
xa non estan. Unha parte da representatividade sindical ven dada por centros de
traballo que xa non existen. Non pode negociarse o futuro en base a uns resultados ficticios do
pasado.
Os que
quedamos seremos
os afectados polo que se negocie,
somos nos os que debemos decidir.
Por iso convocamos agora eleccións sindicais.
Sem comentários:
Enviar um comentário