O 10 de marzo concentrarémonos ante o Etcheverría, para protestar pola situación que seguimos vivindo (reestruturación SSCC Vigo, horario estendido, PAC), e ante a falta de información sobre a negociación con Bruxelas.
Máis alá das boas palabras, precisamos feitos; a nova Dirección xa ten coñecemento directo dalgunhas cuestións que provocan fartazgo no cadro de persoal: o horario estendido ou a violencia psicolóxica sobre os traballadores e traballadoras para que se cumpra o PAC (Plan Acción Comercial).
Pero ademais, o que se está a vivir nos SSCC de Vigo é gravísimo. Hai 2 días indicóusenos que se reabría o ERE, unha nova "ventana" de saídas para quen non acepte traslados. Hoxe negaron que esa fiestra estea aberta con carácter xeral, pero si para casos individuais a petición do persoal.
Certo que o ERE IV permite a empresa facer e desfacer en materia de horarios, traslados e despedimentos. Pero, aparentemente, abríase unha nova fase.
Ademais, a nova Dirección asumiu o compromiso de presentar o plan de negocio e as modificacións do plan de reestruturación antes de negociar con Bruxelas. Van alá, pero non presentaron nada. No Banco Gallego Bruxelas requiriu un recorte de persoal do 20%, ¿que pedirán aquí?
Todo seria moito máis doado se existise unha mesa aberta de diálogo e información, algo que botamos de menos, no pasado e agora.
1 comentário:
O peor e que de momento non teñen os cartos pra pagar o primer prazo,andan pedindolo a unos fondos,e o resto dos prazos seran a costa dos beneficios..
Enviar um comentário