4.2.14

Comisión de Seguimento: nada, nada e nada


Aprazamento medidas ERE IV 

Na reunión mantida coa Dirección do Banco Etcheverría/Banesco unha vez que anunciaron a súa intención de renegociar coa Comisión Europea a folla de rota aprobada no seu día (ERE IV) , a CIG fixo unha proposta para que se aprazasen as medidas contempladas agás as de carácter voluntario. O Conselleiro Delegado do Banco Etcheverría quedou en que estudarían a nosa proposta e nos darían contestación.

Curiosamente a Dirección de novagalicia decidiu non contestar a quen fixo a proposta (a CIG) e fixéronlle a comunicación a través da Comisión de Seguimento a sindicatos que non apoiaron o aprazamento das medidas!!. Unha actuación antisindical que trata de dar un balón de osíxeno aos que lles permitiron destruír 3.500 postos de traballo. 

Hoxe RRHH aclarounos que en tanto a nova Dirección non decida que oficinas pecharan non poden saber en que zona hai excedentes e que polo tanto todo queda paralizado. O mesmo acontece coas reducións de xornada, que estaban a expensas dos peches.

 Impago trienios xa devengados. 

Pero non é a única cuestión curiosa, cando coñecemos que a empresa denegaba o pago dos trienios a quen xa os tiña devengados (facendo unha interpretación “ad hoc” para non pagarlle un trienio ao persoal que poda marchar neste ano) puxémonos en contacto co Departamento de RRHH solicitando que procedesen ao aboamento, indicándonos que en breves días nos darían unha contestación. Ao tempo puxemos esta cuestión en mans da nosa asesoría xurídica por si fose preciso presentar un conflito colectivo. Agora tamén “abordan esta cuestión” na “Comisión de Seguimento”, en fin. 

Horario estendido 

Anunciamos publicamente que solicitamos a Dirección que deixase sen efecto o horario estendido, medida contemplada no ERE IV asinado por (CCOO, UGT e CSICA) e que a CIG recorreu xudicialmente. Os mesmos sindicatos que lle autorizaron á empresa este novo horario din agora“estar preocupados” polas súas consecuencias e despois da nosa solicitude tamén o levan á “Comisión de Seguimento”. 

D E S P E D I M E N T O S. 

Por si todo isto non fose noxento de abondo, ademais caen nunha escandalosa manipulación da linguaxe, no seu comunicado do 3/2/2014 denominan “Baja Forzosa” ao que son D E S P E D I M E N T O S.

Sem comentários: