6.2.14

Algo cheira a podre na sede do FROB/PP

A comparecencia do Restoy sementou novas dúbidas sobre o proceso de venda de NCG Banco, SA, as novas mentiras e verdades a medias esgrimidas polo ex-PwC, para xustificar a privatización express, son unha evidencia de que algo cheira a podre na sede do FROB. 

Os 1.003 millóns que ingresaría o Estado pola venda de NCG, convertéronse agora en 728, incluidos 90 millóns pagados pola carteira de fallidos. Na práctica o prezo real de NCG Banco sería 638 millóns, dos que se pagarían agora 313 (fronte aos 401 dos que se falou ao inicio).

Segundo o  FROB as novas garantías achegaríanse aos  275 millóns, unha nova mentira. O contrato establecia unha cobertura do 85% en caso de determinados litixios. Son 275 millóns? só a Aseguradora AVIVA reclama 430 millóns, a perda deste litixio implicaría por si só unha perda para o FROB/Estado de 365 millóns. As contas non dan, Restoy, calcula a baixa conscientemente e minte.

No verano o FROB paralizou a venda da carteira de fallidos, cales eran as ofertas vinculantes?; cales son as plusvalias para NCG derivadas da venda desa carteira e que habería que restar do prezo?; que levou ao FROB a acelerar a venda? a depreciación da que falarían McKensye e Nomura non é froito do Plan de Reestruturación aprobado polo propio FROB?; pode un organismo público depreciar conscientemente un ben público?; cales foron as ofertas recibidas por NCG?. Cal é a coantía que se arrisca a ter que cubrir o Estado ante os litixios abertos?. Con todo, como se xustifica vender un ben público perdendo o 92% das axudas públicas inxectadas?.

Moitas preguntas nun proceso totalmente opaco, o da poxa de novagalicia, levado adiante por un Goberno asediado polos graves casos de  corrupción do seu Partido.

Sem comentários: