Luis e Antonio, son amigos e residentes en Madrid |
A conferencia do Director Xeral do FROB na Coruña deixou moitos titulares, dende un punto de vista laboral a súa intervención merece toda a atención.
As coberturas son novas axudas públicas que debe aprobar Bruxelas.
Nun comunicado do 10 de xaneiro, diciamos que as coberturas no proceso de poxa Express de NCG, poderían ter a consideración de novas axudas públicas e polo tanto requirir da autorización de Bruxelas afectando ao Plan de Reestruturación.
O 24 febreiro Carrascosa, advertía que si o Banesco quere recorrer as coberturas para dar solución ás preferentes, estas son axudas públicas e deben ser aprobadas por Bruxelas.
Modificación do Plan de Reestruturación si, pero tamén no laboral
No comunicado do 3 de xaneiro, dicíamos: que o Plan de Reestruturación “tiña dúas patas: a redución de persoal e as restricións do negocio. Sendo ambas importantes (non hai viabilidade sen plan de negocio, pero non hai plan de negocio sen traballadores e traballadoras) consideramos que sería positivo que a nova Dirección se reunise coa representación sindical para negociar o Plan a presentar ante Bruxelas”.
O Carrascosa dixo “que todas las modificaciones deberían plantearse desde el objetivo de ganar eficiencia y por eso consideró más plausible negociar las limitaciones al negocio (sobre la operativa mayorista, el negocio inmobiliario y el tamaño de la entidad, entre otras) que sobre el ajuste de oficinas y personal, dado que opina que el plan se hizo en este capítulo "con criterios razonables".
Unha vez mais este inutil que chegou ao cargo por ser amiguete de Luis de Guindos, co que coincidiu en PwC, demostra o seu desprezo aos nosos postos de traballo.
O FROB mantivo no seu posto a ex-directivos, investigan agora?
No 2012 solicitamos a JM Castellano que investigase operacións inmobiliarias que puideron beneficiar a determinados Directivos. Tamén en numerosas ocasións denunciamos publicamente que o FROB non abrira un proceso de investigación sobre a xestión das Caixas de Aforros, converténdose en cómplice dalgúns directivos.
A actual investigación do FROB chega tarde e semella un intento de lavado de cara despois do escándalo provocado por unha privatización ruinosa para as arcas públicas.
Sem comentários:
Enviar um comentário