A laca pasou de moda, agora lévase a gomina |
Sorprendeulle a CCOO que a
empresa nomease a unha persoa do Grupo Etcheverría como novo Director Xeral de
Riscos. Non será a CIG quen critique a substitución de Altos Directivos
responsables de arruinar as Caixas e dos sucesivos ERE´s.
Os cambios no organigrama son algo normal, hai un novo propietario, pero
ademais son do mais desexable. O inexplicable é que altos directivos
procedentes das Caixas e que formaron incluso parte do Comité de Alta Dirección
de Caixa Galicia e Caixanova seguiran nos seus postos co visto bo do FROB
(Goberno/Banco de España).
Eles foron os responsables da
mala xestión que levou a empresa a quebra; os que puxeron de novo os nosos
postos de traballo en perigo presentando sucesivos Plans (que levaron a
sucesivos ERE´s) co único obxectivo de seguir nos seus postos; algúns deles
foron os responsables da emisión e comercialización das preferentes. E incluso despois de ser rescatada NCG con 9.000
millóns de euros públicos, continuaron
abusando da súa posición dun xeito escandaloso.
Sen ir mais lonxe Domingo G.M. cando pensaba que un fondo norteamericano
sería o gañador, comezou a dar clases de inglés no seu despacho, en horario
laboral e con cargo á Entidade.
Si a CIG alza a súa voz ante os
cambios na cúpula será para lamentar as novas indemnizacións que cobran algúns ao
marchar, cando deberían
responder co seu patrimonio persoal polo burato que deixaron.
Por último dicir que no xuízo pola nosa demanda contra o IV ERE a
empresa tivo que facilitar o Plan de Reestruturación orixinal elaborado polo
FROB (Goberno/Banco de España) e autorizado por Bruxelas. O Plan de Reestruturación contemplaba 2.508 despedimentos pero ao mesmo
tempo autorizaba á NCG a contratar persoal, feito que nos denunciamos no propio
xuízo. Algo que CCOO sindicato que se opuxo a nosa demanda e defendeu no xuízo
na Audiencia Nacional a legalidade do ERE IV, debería coñecer.
1 comentário:
Pois andan amigos de Paco Botas alardeando de que os van colocar rapidiño,incluso xente da avogacia que non son empregados e que falan de ser compañeiros de colexio(do Opus)
Enviar um comentário