Cando
se produciu a adxudicación do Banco Gallego ao Banco Sabadell, esta venda tivo
que ser autorizada por Bruxelas, que ao tempo, aprobou un Plan de
Reestruturación. A Comisión aínda ten que autorizar a venda de Novagalicia Banco
ao Banesco. Como modifica o Plan de Reestruturación? As novas axudas implican
máis recortes?
O Banesco adquiriu Novagalicia Banco por
1.003 millóns de euros (un 37% do valor contable da Entidade); 401 millóns a
pagar agora e 602 millóns a prazos ata 2018. Os beneficios que xerará Novagalicia
Banco, que ían ser públicos, permitirán facer fronte a parte dos pagos aprazados.
Deste xeito, o FROB recoñeceu unha perda
para o erario público de 8.000 millóns. Ademais, o FROB estableceu unhas garantías, facéndose cargo o Estado do 85% do
importe de posibles reclamacións por litixios que “La Voz de Galicia” cifrou en 800
millóns de euros. Non sabemos ata que
punto a CE pode considerar que estas coberturas son novas axudas públicas
que afectan á competencia, e que obrigue
a presentar un novo Plan de Reestruturación ou modificar o actual.
A
Comisión Europea aínda ten que autorizar a venda, pero o Comisario
da Competencia Joaquín Almunia fixo unhas declaracións o 19 de decembro que
queremos lembrar: “No hay que asumir que se pierde dinero, hay que intentar que ese dinero público genere un banco rentable, con
beneficios, y que en el futuro devuelva ese dinero (...) hay que
ver si las condiciones del mejor postor, además del precio, cumplen con el
resto de los elementos del plan de reestructuración".
O
FROB recusou a nosa petición do 3 de outubro para que na poxa valorase o
mantemento do emprego, argumentando na nota do 18/12/2013, punto 7, que era
“inviable” valorar o emprego. Que negociaron o FROB e Bruxelas?
É por isto que queremos unha reunión
urxente coa Dirección; non se trata só de falar das condicións laborais (que o
Gabinete de Prensa do Etcheverría xa anunciou torpemente a través dun medio de
comunicación que quere revisar), queremos
coñecer as condicións laborais da venda.
Por último, en relación ao ERE en marcha, a
CIG recorreu a sentenza da Audiencia Nacional, estando pendente de resolución
por parte do Tribunal Supremo. O noso obxectivo segue sendo paralizar os
despedimentos.
Sem comentários:
Enviar um comentário