29.1.14

A vida segue igoal...

A única novidade esta semana foi o renomeamento do Castellano por parte do FROB, organismo amigo das “quitas” e “pon”, que argumenta que é para garantir a resolución ordenada da Entidade. Que significa a resolución ordenada? Que novagalicia será liquidada pasando activos, pasivos e persoal ao Etcheverría. 

En fin, non sabemos si este “renomeamento” ten coma obxectivo aplicar o ERE antes da autorización de Bruxelas á venda definitiva, o que daría ao traste co falado na reunión mantida coa futura Dirección. En todo caso en relación ao ERE queremos aclarar varias cuestións:

Baixas incentivadas e despedimentos: 

No período para o acollemento voluntario aberto en xaneiro do 2013, só houbo 20 persoas “voluntarias” fronte ás 350 praza a cubrir. En canto rematou a incerteza, non hai “voluntarios”, nunca os houbo, sempre xogaron co noso medo. E quen utiliza o medo para os seus fins ten un nome. 

Horarios estendidos: 

Este horario foi asignado a compañeiros e compañeiras na maior parte dos casos de xeito forzado. Este novo horario foi un fracaso absoluto, a afluencia da clientela é nula. Na práctica só se conseguiu prexudicar ao persoal que ao estar desprazado fora da súa residencia habitual ten que afrontar gastos diarios sen ningún tipo de compensación. Ademais dificulta a conciliación laboral e persoal. Por iso que temos solicitado á Dirección que elimine este horario estendido e que o persoal volva ao horario normal. 

 Reunións fora do horario: 

Hai Directivos que queren facer méritos ante o anuncio dun novo organigrama e convocan reunións fora do horario laboral para dar a “chapa” ao persoal. Nestas reunións non hai nada novo, continúan coas políticas comerciais que nos meteron en problemas e a obsesión por “vender, vender e vender”. 

 “Juanes”, “Gabrieles” e outros arcanxos: o persoal realiza milleiros de horas extras non pagadas para poder atender á clientela día a día, as vosas reunións só serven para amolar. Xa está ben!!. 

En todo caso como non teñen en conta o tempo que perde o persoal, incluído os desprazamentos, denunciaremos nas Inspeccións de Traballo estas horas extras non pagadas. Grazas á prepotencia habitual temos as convocatorias por escrito.

Sem comentários: