26.9.13

Xogos Píticos

Na antiga Grecia celebrábanse 4 xogos panahelenicos, os Xogos Olímpicos, os Píticos, os Nemeos e os Istmícos. Entre agosto e setembro celebrábanse os denominados Xogos Píticos, consagrados aos Deus Apollo, nos que cada candidato cantaba un himno na súa honra. Algo parecido estamos vivindo hoxe, en agosto venderon EVO, en setembro recortaron os dereitos do persoal e incluso houbo quen cantou loubanzas a Apollo. 

Madrid perdeu os Xogos Olímpicos do 2020, pero o 25 de setembro en Santiago clausuráronse os Xogos Píticos. Asinouse o que é o Sétimo Expediente Colectivo (o sexto fora a modificación dos horarios estendidos) de recorte das condicións do persoal sacrificado ao Deus Apollo. Expedientes coma churros.

Na CIG Temos claro que non estamos para xogos e emitimos o preceptivo informe negativo, sen menoscabo das actuacións que correspondan en defensa dos dereitos dos traballadores e traballadoras.

Non se acreditou documentalmente a necesidade dos recortes ao persoal de EVO, nin a diferenza salarial con respecto ao sector. A modificación non ten sustento legal. 

De ser certo que o FROB propietario parcial e Apollo, estableceron como premisa un recorte das condicións laborais estaríamos ante un recorte non negociable. 

Hai persoal que podería ter un recorte maior do anunciado, nomeadamente as persoas que en contra do establecido no Convenio Colectivo fan funcións de categoría inferior (funcións administrativas de xeito prevalente) despois de ser cesados debido á reestruturación. 

Si nalgún momento Apollo, ou algún futuro comprador, quere recortar dereitos, debería negocialo directamente no momento que tome posesión da empresa e sexa súa. 

Por último a CIG non pode nin quere dispoñer de dereitos de persoal ao que non representa e moito menos asinaremos nada sen que poda exercer o dereito a decidir o persoal afectado. 

Demos pois grazas ao Deus Apollo para que bendiga os postos de traballo, cantemos as súas virtudes!!

2 comentários:

Anónimo disse...

Como ASCA que no tiene delegados fuera de Galicia pueden firmar el acuerdo?. A quien representan ellos en este fregado? No lo entiendo.

Administrador disse...

Nos podemos falar do que nos facemos e non consideramos que podamos tomar decisións sobre as condicións laborais de traballadores/as aos que non representamos. Esa é a posición da CIG, o resto ten dereito a actuar como considere oportuno.