25.9.13

Novagalicia banco tiña preparados os carteis dos novos horarios


O día 25 de setembro, ás 8:00 da mañá, as oficinas aparecían coas pegatinas do novo horario, pactado poucas horas antes pola Dirección e os “sindicatos dos ERE's”. Sen desbotar a profesionalidade de quen deseñou o cartel, da imprenta que os imprimiu, de quen fixo os respectivos repartos e de quen se encargou da colocación, semella que a Dirección tiña encargado os carteis con carácter previo. Despois de aceptar milleiros de despedimentos, saben que os “sindicatos dos ERE's” non lle dirán que non a nada.

Pero o peor disto non é que acepten caladamente, é peor o pecado por omisión:

Que o horario estendido non funciona é un segredo a voces, non é cuestión de enquisas: é excesivo, e a clientela non vai.

No ERE IV pasáronse de freada e agora teñen que rebobinar: pactaron máis despedimentos dos precisos cando había outras alternativas. Hai traballadores e traballadoras coa prexubilación aprobada, pero se lles pide que sigan xa que non hai persoal suficiente para atender á clientela (e iso que non aplicaron as durísimas reducións de xornada e salarios). Unha cousa é a realidade, e outra é estar na inopia.

Nós non nos opuñamos a que a empresa abrira o melón dos horarios, pero si que nos parecía preciso abordar tres cuestións:

  • Homologar o horario estendido ás libranzas previstas para o resto do persoal (verano, nadal, etc.). 
  • Manter o horario comercial xeral para permitir o peche e apertura das caixas con seguridade. 
  • Eliminar as lesivas reducións de xornada e salarios que, ademais, son inaplicables ante a falta de persoal, nomeadamente as do 33%. 
En definitiva, unha nova tomadura de pelo: a Dirección fai que negocia, pero xa fixo o “reparto”.

Sem comentários: