2.4.13

Retribucións do Consello de Administración e da Alta Dirección.



Malia que todos os medios destacan unanimemente que a retribución do Consello de Administración de NCG Banco, SA, e as retribucións da Alta Dirección medraron no 2012, a empresa internamente continua dicindo que non foi así.

No ano 2012, a Dirección aprobou o ERE III e elaborou e aprobou o plan de reestruturación que levou ao ERE IV (reducindo o cadro de persoal a 3.334 persoas, cumprindo “sobradamente” o que pedía Bruselas); a Entidade recibiu 10.000 millóns de euros de axudas públicas; e a Dirección propuxo dentro do Plan de Reestruturación a quita aos pequenos aforradores con preferentes e obrigas subordinadas. En fin, dende setembro do 2011 a decembro do 2012 a empresa pasou de estar valorada en 183 millóns a -3093 millóns de euros, (abofé que é unha boa xestión).

Con todo este bagaxe o Consello de Administración e a Alta Dirección cobraron máis, moito máis.

Resulta escandaloso, pero non sorprendente, durante a negociación do ERE IV a CIG puxo o acento sobre esta situación e propuxemos un recorte salarial para que ninguén cobrase, nunha entidade nacionalizada, máis que o Presidente do Goberno. Unha proposta rexeitada pola empresa, por boca dunha das integrantes da alta dirección.

Durante a negociación dende a CIG tamén fixemos fincapé na elevada partida de “gastos de representación”, cecais unha parte dos gastos de representación a integran esas “dietas” percibidas polo Consello de Administración (423.000 euros) que se incrementaron un 12%.

Para nos hai despedimentos baratos e recortes salariais masivos, para eles subas das retribucións.

En todo caso a culpa non é só de quen o fai, si non de quen os puxo aí e lles deixa facer. Corresponde ao Goberno do Estado lexislar para evitar este tipo de condutas nas Entidades Nacionalizadas, pero seguir crendo na autoregulación é o problema.

Sem comentários: