A empresa remitíiu unha nova comunicación relativa ao ERE IV, coa que pretende sementar incerteza e intranquilidade ao cadro de persoal. Todo para tratar de encher o ERE con supostos “voluntarios”. Entendemos que precisa unha contestación.
En primeiro lugar coa saída das 455 persoas prexubilables e as 120 baixas indemnizadas solicitadas, o “excedente” froito dos peches do primeiro semestre podería ser recolocado. Ademais as oficinas receptoras do negocio precisaran un incremento do cadro de persoal. Temos solicitado os criterios que se utilizaran para calcular os cadros de persoal destas oficinas e as vacantes previstas. Polo tanto non é preciso despedir, outra cuestión é si a Dirección pretende mancar, que si quere pode. Igual que se coñecen os criterios para “despedir” sería lóxico que existisen criterios para “recolocar”, a CIG propuxo algúns durante o período de consultas que non foron aceptados.
En segundo lugar a empresa pretende ser xuíz e parte, claro que pode despedir a calquera, outra cuestión é si de darse eses despedimentos como os declararán os xuíces en caso de demanda. De aí que tanto lle molesten algúns correos.
Ademais queremos lembrar que a CIG impugnou o ERE diante da Audiencia Nacional. Entre outros motivos alegamos que no acordo, non se reduciu o número de despedimentos anunciados inicialmente toda vez que a 31/12/2013 quedaran 3.334 FTE, unha cifra que permaneceu inmutable (tal e como recoñecen no comunicado da Comisión de Seguimento). Só as reducións de xornada permitirían reducir o impacto do ERE, o resto de medidas non achegan nada.
Poden despedir, outra cuestión é a resposta que os traballadores e traballadoras esteamos dispostos a dar. Durante a negociación do ERE demostramos que estamos dispostos a mobilizarnos na defensa dos postos de traballo, si hai despedimentos deberemos recobrar ese espírito, non hai atallos, é o único camiño.
Sem comentários:
Enviar um comentário