Manifesto aos
traballadores e traballadoras do sector financeiro
Obxección de conciencia ante Desafiuzamentos,
Comercialización de produtos complexos e Quita ás preferentes e subordinadas.
A actuación das Entidades Financeiras está sendo
cuestionada cada vez máis, e con máis razón, pola sociedade. Cada vez un maior
número de sentenzas cuestiona a lexislación bancaria, así como o comportamento
da Banca. As persoas que traballamos nelas, que non somos banqueiros, estamos
na diana, é preciso un cambio profundo que debe comezar por nós mesmos.
A CIG tense dirixido ás patronais de banca
(AEB) e das antigas caixas (ACARL), así coma ao FROB (a través do que se
instrumenta a propiedade estatal das Entidades intervidas), para requirirlle
que recoñeza o dereito á obxección de conciencia dos traballadores e
traballadoras do sector ante cuestións concretas, tal e como ten establecido
incluso o Tribunal Constitucional.
Reclamamos o recoñecemento do dereito a exercer a obxección de
conciencia ante:
Os
desafiuzamentos.
Ata o Tribunal Europeo
considerou abusiva a actual lexislación hipotecaria. Non queremos ser cómplices
da patronal e do Goberno. Defendemos o dereito das persoas a ter unha vivenda e
non queremos colaborar en desafiuzamentos inxustos. Abonda de botar familias
das súas casas para telas baleiras.
A venta de
produtos complexos en tramo minorista.
As cada vez máis numerosas
sentenzas demostran que as políticas comercias das Entidades son ilegalidade en
moitos casos. Nos padecemos esas políticas comerciais agresivas e temos dereito
a dicir basta. Non queremos colocar produtos de deseño, que ninguén sabe o que
son, nin ofrecen garantías.
A
participación na Quita aos aforradores/as.
Os traballadores e
traballadoras das Entidades Nacionalizadas non queremos tomar parte da quita
aos pequenos aforradores con débeda subordinada. É o seu diñeiro e teñen
dereito a recuperalo de xeito íntegro.
As Patronais e o
Goberno/FROB, son os auténticos responsables. Hoxe, recoñecendo ou negando o
noso dereito á obxección de conciencia, retrataranse socialmente.
Temos o convencemento de que o
recoñecemento deste dereito á obxección de conciencia, que en xustiza pedimos,
contribuiría a sentar as bases dun sistema financeiro máis xusto e sostible
socialmente.
Sem comentários:
Enviar um comentário