Firmar un Expediente de Despedimentos Colectivos (eles chámanlle “acordo laboral”, ¿teñen mala conciencia?) debe ter efectos sobre o cerebro. Só así se explica que quen criticaba á Dirección da Empresa, pedía a súa dimisión irrevogable e a poxa inmediata do banco, pase agora por un “despachito” e saian mansos e crédulos.
Din que a empresa pretenden vender oficinas fóra de Galiza, vender UGAS a unha importantísima empresa, manter EVO na estrutura do Banco, e que chegarán investidores cando remate o das preferentes. Cóntanlle o conto de sempre e quedan todos contentos.
Din que grazas a esas vendas de rede, os despedimentos (facendo as contas da leiteira) poden ser 275. De ser certo, evidenciaríase que asinar un ERE para 1.850 persoas foi un disparate; e que incrementando un chisco o número das prexubilacións e o reparto do traballo, non faría falta despedir. O que defendeu a CIG.
En relación ás agresións, que nós condenamos, hai persoas nas Plataformas vinculadas ao PP que, para evitar que lle protesten ao seu partido, instan a cargar contra os traballadores/as do banco. Pero o mellor xeito de rematar con este conflito é que a Dirección colabore coa xustiza, abrindo unha investigación interna para analizar quen deu as ordes de colocación masivas ás oficinas e quen exerceu un control diario para que estas se cumpriran. Non ten sentido que algúns dos máximos responsables comerciais das Caixas se manteñan nos seus postos.
Os culpables da quita son os que aprobaron a lei que a ampara (PP), os mesmos que, malia ser esta unha Entidade en mans do Estado, tampouco abriron esa investigación sobre a colocación masiva.
Con todo, as tensións noutras zonas aliviáronse co diálogo coas Plataformas. As vías represivas contribúen a quecer os ánimos da clientela.
En fin, que non estivemos, pero o que non cremos cando algún chegou, non imos crelo 2.300 despedimentos despois.
Sem comentários:
Enviar um comentário