O peche do primeiro período voluntario para o acollemento as medidas extintivas previstas dentro do Expediente de Despedimento Colectivo amosou o fracaso absoluto do ERE IV.
Só as prexubilacións, medida que a CIG quería extender máis ala das limitacións do "ERE modelo Bankia" (1/3 prexubilacións, 2/3 baixa incentivadas), tiveron unha boa acollida.
Estan cubertas as 455 prazas para as prexubilacións para maiores de 53 (incluso quedaron fora 100 persoas que poderían terse beneficiado de ter prosperado a proposta da CIG na mesa).
En canto as baixas indemnizadas só houbo 120 solicitudes, cando segundo a empresa son precisas 1.305 Baixas indemnizadas para cubrir o expediente. Sen dúbida incrementaran a presión sobre o cadro de persoal.
En todo caso insitir que non se minimizou o número de persoas afectadas polo ERE conforme ao plan de reestruturación (2.500, das que 2.250 deben ser traballadores/as de NCG banco SA no Estado Español), toda vez que algún dos sindicatos asinantes do ERE recoñeceu recentemente nunha comunicación que o número de postos de traballo a xornada completa a 31 de decembro do 2017 continuan sendo os 3.334 FTE anunciados pola Dirección ao inicio do período previo.
Por outra banda a empresa continua sen comunicar a data prevista para comezar a aplicar o recorte salarial previsto para o 2013. Sería mellor que o tiveran feito dende o 1 de xaneiro para repartir o recorte entre un maior número de pagas aliviando o impacto, pero continuan sen facelo o que nos perxudicará ainda máis. Estamos ante un caso de incompetencia dolosa.
Sem comentários:
Enviar um comentário