A incerteza
laboral que producen os ERE, está sendo aproveitada pola Dirección para saltarse
a lexislación. No Plan de reestruturación figura que ao final de 2017, quedarán
3.334 FTE (full time equivalent), é dicir, postos a xornada completa, pero
deben de entendelo como traballadores/as full time, que cada minuto das nosas
vidas é seu.
Máis alá da extensión ilegal da xornada laboral diaria,
para poder realizar tanto traballo administrativo coma comercial, a Dirección
amosa un desprezo absoluto cara a vida particular de cada quen.
En Vigo é
festivo o día 1 de abril, despois dos festivos de semana santa. As oficinas recibiron
unha comunicación indicando que a
aplicación de recibos mantén os recibos en incidencias 2 días hábiles. Polo que
o persoal das oficinas ten que “tomar medidas” (ir á oficina o luns festivo?)
para evitar devolucións.
Oiga!!!, a organización do traballo lle corresponde
á Dirección. Cambien os programas informáticos e deixen de dar a murga!!
Noutra zona, recuperaron os sábados
como laborais (algo que non contempla nin o ERE (IV) por decreto. Para mostra o
correo electrónico enviado polos
Xefes de Zona:
“De
confirmarse las noticias habidas, es más que probable que necesite que estemos
juntos el sábado por la tarde. Os iré informando, pero os pido que tengáis el
movil hábil y poder localizaros en el momento necesario”
Pensamos que estamos ante unha nova fraude, que
procederemos a denunciar. Hai un plan para despedir a milleiros de persoas porque
sobra persoal, pero por outra parte continúan forzando ás persoas para que
fagan horas extras ilegais que non pagan, nin cotizan. Non é a única fraude, mentres despiden
persoal indefinido precarizan o
emprego contratando a persoal de posta a disposición da Empresa de Traballo Temporal Cenpla, na
que tiña participación Caixanova (no seu Consello de Administración estaba
Oscar Rodríguez Estrada que está sendo xulgado na Audiencia Nacional).
O medo a ser despedido fai que os compañeiros e
compañeiras estean dispostos a aceptar caladamente esta actuación bárbara da
Dirección. Pero correspóndenos como sindicato exercer a vosa defensa, para iso
estamos. De aí a impugnación do ERE e as
denuncias que presentaremos ante calquera incumprimento da lexislación laboral.
Galiza, 22 de marzo de 2013
PD.: Ao inicio do proceso, a empresa dixo que a
31/12/2017 quedarían 3.334 FTE; din que reduciron o número de despedimentos no
ERE, pero o número de postos de traballo ao final do proceso segue sendo 3.334
FTE. Aquí non cambiou nada.
Sem comentários:
Enviar um comentário