29.1.13

Todos ao paro: novo comunicado conxunto



Cando pasamos o ecuador teórico do período de consultas do expediente de regulación de emprego que pretende despedir a unha de cada dúas persoas do cadro de persoal directo de NCG Banco S.A., vémonos na obriga de dicirvos que a actitude de quen nos queren despedir ralla no esperpéntico.
Dunha parte, limítanse a convocar reunións sen máis contido que dar unha aparencia de negociación, cando a realidade é que se utilizaron en total 12 horas, e ¿para que se utilizaron estas horas?, 3 para entregar documentación a destempo e explicala, e 9 horas para redactar actas, que son a parte da negociación que de verdade coidan.
A empresa limítase a enviar ao seu persoal unha serie de mensaxes institucionais, que a realidade da negociación non ve por ningún lado.
Énchese a boca ao Presidente, ao Conselleiro Delegado e á Responsable de RRHH, en publicitar que hai que traballar para minimizar os despedimentos e as demais consecuencias para o cadro de persoal, para despois seguir presentando as mesmas cifras que xa se coñecían en novembro, co único cambio de que a xente de fóra do Estado será incluída noutro ERE e xa se tratará coas leis de cada lugar. ESE É TODO O ESFORZO.
Ameazan na mesa ao persoal que supere unha determinada idade, e saen logo a desmentilo. Pero nas actas está recollido e na mesa non se desdín do dito. TEMOS A SENSACIÓN DE QUERER PASAR ESTE PERÍODO DE CARÁCTER OBRIGATORIO COA MENOR CRISPACIÓN POSIBLE. E a iso axudan determinados personaxes, intentando convencer ao cadro de persoal do malo que é molestar á clientela e do seguro que tes o teu posto de traballo. TODA UNHA VIDA ENGANANDO AOS DE ARRIBA E AOS DE ABAIXO. Como se con elas e eles non fora a cousa.
Menos mal que a clientela encárgase de levarlles a contraria e dános ánimo para que sigamos loitando e, en moitos lugares, incorpóranse coa nosa xente na protesta, dando unha lección de solidariedade que algúns e algunhas que se din “compañeiros/as” parecen non entender.
Xa sabemos que asistir a un paro é liberdade da persoa, pero recoñecer a quen non queren loitar polo mantemento do emprego como esquirois e pelotas, tamén é liberdade de quen decidimos parar. Que non se lle esqueza a estes/as “compañeiros/as de alto standing”.
Para seguir pelexando polos postos de traballo da nosa empresa, e seguindo a loita que estamos mantendo xunto ao persoal de Bankia e Banco de Valencia, animámosvos a participar nas concentracións, no caso de Galiza haberá unha concentración en Santiago ás 18:00 horas da tarde na Praza de Galicia, inicialmente convocada para Bankia.



O vindeiro luns, día 4, reunión da Mesa e PARO DE MEDIA HORA.
O día 6, 24 horas de PARO TOTAL. Sen desculpas, sen piquetes empresariais, sen temor.
Participa. É o teu dereito. É o teu futuro.
Estamos estudando a convocatoria de novas xornadas de FOLGA en NCG Banco, se a negociación non avanza, para despois do Entroido.

¡Non aos despedimentos salvaxes no Sector Financeiro!

Sem comentários: