2.10.12

Galiza tiña 2 Caixas e 2 Bancos

Caixa Galicia, Caixanova, Banco Pastor e Banco Gallego. En 3 anos de Goberno do Feijoo o sistema financeiro galego está practicamente liquidado ou en proceso de liquidación. O rescate bancario non é tal para este país, nin para os nosos empregos, é deixarnos sen entidades e sen postos de traballo.

Coa entrada do Grupo NCG Banco (Caixa Galicia, Caixanova e Banco Gallego) en proceso de resolución e coas necesidades de capital do Banco Popular (no que se integrou o Banco Pastor) a reconversión está lanzada.

Futuro? o que dicidan os homes de negro da Troika que hoxe xa gobernan en 3 das 4 entidades coas que contábamos fai 3 anos.

1 comentário:

Anónimo disse...

Feijoo ten culpa, pero o páxaro da foto, o da esquerda, e o loiro que non sae son quenes o foderon todo realmente. E agora están a rir de nós todos.