A nosa proposta para reducir a 1 euro
os 33 millóns de euros que poden cobrar os ex-directivos por compromisos en
materia de xubilación, foi rexeitada.
- A día de hoxe a incerteza sobre o futuro da Entidade é absoluta, froito dunha pésima xestión por parte das cúpulas directivas e dos continuos cambios legais. Ademais sufrimos un ERE tras outro, hai despedimentos inxustos, recortes nos salarios e de dereitos.
- A cidadanía sufre recortes nos servizos básicos, en tanto a nosa empresa recibiu inxentes recursos públicos, para ser privatizada.
- A clientela sofre as consecuencias da mala xestión e baixa valoración, sen que se albisquen saídas satisfactorias.
- A empresa pechou o ano 2011 en perdas.
- Malia todo isto os ex-directivos, responsables desta situación, teñen pendentes de cobrar novas indemnizacións multimillonarias, 33 millóns de euros, sen que a Dirección e o Consello de Admi-nistración teñen feito nada para evitalo.
Resulta especialmente
doloso que o Ministerio de Economía e o Banco de España, responsables do FROB,
non teñan dado un só paso para reducir esa nova indemnización, despois da
alarma social suscitada polas primeiras indemnizacións.
Neste senso, como aconteceu coas primeiras
indemnizacións, é
a CIG quen debe tomar a iniciativa, e de aí a nosa proposta para negociar un acordo en
materia de previsión social substitutivo dos compromisos existentes
con anterioridade, que pretende rebaixar o importe a cobrar por Pego, Paredes,
Gorriarán ou Rodríguez Estrada.
A nosa proposta foi rexeitada pola Dirección, que nada tiña feito para
evitar eses novos pagos. Alegan incerteza xurídica. Pero anunciaron que levarán
adiante a conxelación das nosas achegas conforme ao ERE III. Recortar aos ex-directivos xéralles dúbidas,
recortarnos aos traballadores/as é doado.
Nós temos a certeza de que o que propoñemos
é viable e xusto, laboral e socialmente. Neste senso, trasladaremos ao Consello
de Administración, pero tamén ao FROB, a nosa proposta para que soliciten un
informe xurídico que busque vías para evitar un novo pago multimillonario. Unha empresa que
tivo perdas non pode repartir beneficios aos malos ex-directivos.
Sem comentários:
Enviar um comentário