10.5.12

Impugnado o ERE

Temos dado os primeiros pasos para impugnar o novo ERE, cunha denuncia ante a Inspección de Traballo, por entender que é fraudulento e por ser especialmente grave en caso de que a entidade sexa absorvida.

A Dirección está agochando permanentemente información laboral á que temos dereito, co fin de evitar que podamos coñecer o alcance da fraude na aplicación do ERE, pero tamén como unha medida claramente antisindical contra a CIG. Tampouco estamos recibindo a información por parte dalgúns Comites no que semella unha estratexia combinada.

Malia todo somos conscientes da existencia de contratos temporais para cubrir postos de traballo estruturais vacantes pola saída de persoal indefinido a través dos ERE´s. Así mesmo mentre pretenden suspender contratos e reducir xornada en tanto manten contratos temporais o que demostra que hai carga de traballo. Hai ademais tamén persoas con acordos individuais con xornadas distintas das xerais do Convenio, sen que a empresa nos facilite información ao respecto. Así mesmo son numerosos os centros de traballo no que o persoal está extendendo a xornada laboral ilegalmente por falta de persoal.

Temos denunciado estes feitos ante a Inspección de Traballo, para que investigue dentro da campaña contra a fraude nos ERE´s. E preparamos a ampliación da impugnación a outros organismos.

Sem comentários: