20.4.12

Desestimada a demanda contra o despedimento de Alberto


O Xulgado desestimou a demanda presentada por Alberto contra NCG Banco S.A. Non queda outra que acatar a sentenza, pero non a compartimos, de aí que xa se valora a presentación dun recurso ante o TSXG. En todo caso, con carácter xeral, e en base a esta e outra experiencias, non podemos máis que facervos as seguintes recomendacións:
·        Se es inocente, ante calquera actuación da Auditoría Interna que entendas que toma un cariz inadecuado, solicita a presenza dun delegado/a sindical e/ou contacta co sindicato e asesórate. Non confíes na boa fe, asesórate. Ollo co que declaras, xa que pode ser utilizado na túa contra.
·        Calquera declaración que realices debes facela ti mesmo/a e despois de asesorarte, nunca aceptes declaracións que che preparen outros.
·        Solicita que as autorizacións para calquera operación sexan por escrito, nunca verbais. Non é que dubides dos teus superiores/as directos, quen hoxe che autoriza verbalmente mañá pode non estar no mesmo posto, ou nin sequera na empresa.
·        Non metas contra diferenzas de caixa exencións de comisións de mantemento, xuros, etc., malia que recibas instrucións nese senso. A normativa interna está por riba das instrucións directas dos teus superiores/as.
·        Se un cliente marcha por cumprir a normativa, non é responsabilidade nosa, nin se nos pode culpar de nada. Incumprir a normativa, por moito que sexa para manter a clientela, si que é motivo de sanción e despedimento.
·        Se estás en caixa nunca retires directamente da túa conta, procura facer as túas operacións no caixeiro automático ou que as faga outro compañeiro/a.
·        Procura realizar as menores operacións posibles na túa propia conta na entidade.
·        Nas operacións das contas da túa familia, procura ser máis que rigoroso/a no cumprimento da normativa. Comproba que todas as operacións están debidamente asinadas.
·        Cumpre estritamente a xornada laboral. Se estendes a xornada e realizas operacións fóra do horario laboral, pode volverse na túa contra malinterpretando que realizas operacións as agochadas e sen o coñecemento dos teus superiores/as. Ademais, é insolidario estender a xornada cando están suspendendo contratos e facendo redución de xornada a outras persoas.

1 comentário:

Anónimo disse...

Auditores que auditais
y que de ese vicio vivis
por que no os las pensais
antes de despedir.