Onte tivo lugar unha reunión entre unha representación sindical do persoal da Obra Social, no que a CIG é primeira forza sindical, e os novos responsables desta area encabezados polo seu director Guillermo Brea. Nesa reunión informaron que a valoración da Caixa, que terá un 6,84% do banco, fai inviable a Obra Social e indicaron que como moito podería manterse unha OBS semellante á da fundación Barrié, o que implicaría ter que "facer sangue" é dicir despedimentos. Non quixo valorar o "excedente" de persoal, nin o gasto corrente de mantemento dos 97 edificios que quedaron na Caixa. Día a día coñocemos as indemnizacións dos altos ex-directivos; continuamos sen coñecer os criterios cos que o Banco de España e os Fondos de investimento norteamericanos reduciron a valoración da Caixa nun 93% favorecendo a estes últimos; pero a Obra Social e os postos de traballo estan en perigo.
Estan solicitadas reunións co Presidente da Xunta de Galicia; os grupos parlamentares e os Co-Presidentes da Caixa. Así mesmo o vindeiro 18 ás 18 horas está convocada unha Asemblea de Traballadores/as da Obra Social no Centro Social Caixanova na Praza de Cervantes para informar da situación, do froito das reunións que se podan celebrar e para decidir os pasos a tomar.
Sem comentários:
Enviar um comentário