26.10.11

A falta de expectativas profesionais é un risco, precisamos unha nova carreira profesional.

As facilidades para promocionar foi un dos maiores atractivos de traballar nas Caixas, hoxe co fin da expansión, o peche masivo de oficinas e cunha política de nomeamentos na que se valora como elemento principal que non se produza un incremento de custes, estamos nunha nova fase que debemos evitar sexa fustrante para o persoal, nomeadamente para os que nos incorporamos nos últimos anos.

A falta de expectativas profesionais para gran parte do cadro de persoal, ligada aos cada vez maiores requirimentos (de carga de traballo, de obxectivos, de extender o horario) augura un crecente malestar e saidas de persoal cara a outras entidades no futuro.

Os dous piares fundamentais da carreira profesional no sector son os nomeamentos para postos de responsabilidade (co nivel salarial regulado a través da Clasificación de Oficinas) e a promoción por experiencia. As oposición ou sistemas semellantes son só un complemento.

As oposicións e moito mais sistemas como o PDP-Caixanova, nos que puntuan informes dos superiores, son sistemas de ascenso fundamentalmente inxustos. Todo o persoal do Grupo I ten por convenio as mesmas funcións, si unha persoa con nivel XI e unha con nivel VI fan o mesmo por que deben cobrar distinto? . Ademais aprobar a oposición non garante o ascenso inmediato, depende do número de prazas, a inxustiza é dobre.

Dado que cada vez hai unha menor posiblidade de promocionar para postos de responsabilidade e que a nova Clasificación de Oficinas está sen negociar, para a CIG é preciso poñer o acento sobre a promoción por experiencia.

Defendemos o sistema que negociamos no seu día con Caixa Galicia no Ministerio de Traballo que permite o ascenso ata nivel VI para o persoal (fronte ao nivel VIII do Convenio). Un sistema que queremos adaptar á situación actual e implántalo dende xa para todo o persoal. Todo o mundo debería poder mercar maior categoría/nivel profesional con cargo a experiencia e formación.

O talento externo é caro e casi nunca da os resultados agardados (para mostra un botón, a ex alta dirección) e o talento interno poucas veces é apreciado na súa xusta medida. O sistema PDP non é nin xusto nin obxectivo, por iso a CIG non o asinou en Caixanova. Concordamos en que debe de ampliarse o número de prazas ofertadas na oposición, pero debemos poñer o acento no sistema de promoción por experiencia ata nivel VI, como o que si que asinou a CIG no Ministerio de Traballo.

Para o persoal de novagalicia banco,
                         CIG o sindicalismo galego de toda a vida.

1 comentário:

Rojo intenso disse...

Olvidais que los nombramientos se hacen por colores: azul o verde. Mando intermedio azul, nombramiento azul, mando verde, nombramiento verde. Que vergonzoso.