13.10.11

Aprobada a ampliación do ERE

Comunícanos a Dirección que o Ministerio de Traballo aprobou a ampliación do ERE asinado por CCOO, UGT, CSICA e ASCA. Segundo se desprende do mesmo coa saída de 350 traballadores/as a través de baixas incentivadas a empresa pretende un aforro de 44 millóns de euros. 

Curiosamente cando os ex-directivos presentaron os recortes salariais, anunciaban que perseguían un aforro de 43,6 millóns e que habería recortes ou despedimentos.

Malia que durante a negociación dixeron que atoparan outro tipo de gastos que podía ser recortado e que a negociación partía de "cero", o certo é que sempre se falou do mesmo. E outros elixiron despedimentos.

Por último dicir que malia os despedimentos as medidas de recorte aprobados no Consello de Administración nunca foron retiradas, siguen sendo unha espada deDamocles sobre as nosas condicións salariais.

1 comentário:

Alá disse...

Eses catro "sindicatos" tragan mais que CHICHOLINA nos seus bos tempos. Se tan boas son as condicións para os 350 que se acollan eles dando exemplo.