O Inconformismo, que non a cobiza, levou ao ser humano a evolucionar socialmente, unha característica esixible a calquera colectivo, pero moito mais esixible si cabe ao movemento sindical. Para avanzar non cabe o conformismo que equivale a renuncia. Despois deste preámbulo pasamos a explicar a reunión con José María Castellano, pero en boa lóxica que ningúen agarde “peloteo” no comunicado da CIG.
José María Castellano non é supersticioso, NCG Banco, S.A. naceu o martes 13 de setembro de 2011, agardamos que embarcarnos nesta aventura tan “maléfico” día non sexa un augurio cando aínda esta pendente a valoración da Caixa e a entrada dos inversores que a día de hoxe non puxeron un “can”. Con ese acto público desaparecían as Caixas de Aforros en Galiza, unha mala noticia para a sociedade no seu conxunto e para os traballadores e traballadoras. Para a CIG non era un día de alegría.
Despois de escriturada a nova empresa, celebrouse o primeiro Consello de Administración e o primeiro Comité de Dirección, a continuación o Presidente Executivo recibiu á representación legal dos traballadores/as, un xesto que é de agradecer.
Foi unha reunión basicamente protocolaria, de toma de contacto, tentar extraer compromisos ou garantías de emprego ou das condicións laborais desa reunión esixe un amplo exercicio de voluntarismo que nos, como inconformistas, non imos a realizar.
En todo caso o Presidente Executivo requiriunos para que interviñéramos, nos fomos en primeiro termo a escoitar, pero aproveitamos a ocasión e expuxemos a crítica situación que se vive nas oficinas prexudicando gravemente á clientela. As continuas queixas dos clientes polo mal funcionamento da banca electrónica, das colas, etc. Pode que a final de ano se consigan inversores, pero a este paso nos preocupa que non queden clientes. Perder clientes é doado, recuperalos costa sangue suor é bagoas.
O plan de recapitalización tivo que ser modificado, o orixinal non foi admitido polo BdE; no mes de setembro non haberá inversores, polo que entrará o FROB na entidade; a valoración é baixísima, unha mostra da situación da Caixa; e haberá que agardar ata final de ano para que coñezamos que clase de fondos son os que entraran no accionariado da empresa, si é que o fan. Non vemos dende logo motivo de alegría.
Sendo certo que houbo graves erros na xestión das Caixas de Aforros, non é menos certo que grazas ao bo facer dos profesionais que as integrábamos somos a entidade líder en Galiza. Non nacemos onte, hai unha traxectoria destras que nos permitiu superar aos bancos privados no seu terreo. O cadro de persoal de NCG Banco, SA ten gañado o posto de traballo día a día durante longas traxectorias laborais, ninguén nos regalou nada. E seguirémolo facendo, que ninguén o poña en dúbida. Están chegando á entidade persoas que nunca confiaron nela, non eran nin clientes. Benvidos sexan, pero que non poñan en dúbida que aquí se traballa moito e ben, non llo consentiremos.
3 comentários:
Que se acerque un día por las oficinas discretamente y escuche a los clientes en las colas. Verá lo que piensan.
Xa está ben de que certas queixas sobre as colas e as aplicacións so comenzaron cando alguns viron coma o seu amado director xeral prexubilase cunhas condicións que dan vergoña allea. Ata ese día todo ia coma a seda, pero en canto senten que perden un partido "que non existe máis que nas suas mentes" escomezan outra vez a guerra sucia. A xente de orixe Caixanova que dende hai catro días non para de queixarse dunhas aplicacións moito máis avanzadas cas suas, que pensen quen é responsable de que non tiveran a formación necesaria. Non é da xente que en Sistemas nos deixamos o veran currando coma tolos. A responsabilidade é de Persoal e da Dirección Comrcial, dirixidas por dous "dos seus" coma din eles.
Somos unha unica empresa, a ver se o entenden dunha vez, basta xa de "gañamo-la fusión" home e basta de despreciar o traballo de Sistemas, tanto CN coma CG que xa quixeran todalas demas entidades ter uns aplicativos a metade de bos que os nosos. "Formación", iso é o que fai falla, asi que a darlle caña a quen a merece.
Malia que o persoal que ven de Caixa Galicia pense que é normal o ritmo de traballo que nos impoñen, non é así. Non fai moito eramos nos os que nos queixábamos polos ritmos tolos que non impuñan.
Agora o que está pasando nas oficinas de Caixanova é que se xuntou a fame coas ganhas de comer. Falta persoal debido ás prexubilacións; hai un aplicativo novo para o que non foron debidamente formados (eso expusémosllo tal cual a JM Castellano); e estanlle metendo caña para que traballen ao ritmo de tolos que fai pouco nos impuxeron a nos.
Aquí non hai azuis, nin verdes: somos todos morados: IMOLAS PASAR MORADAS, como nos dicia fai pouco un directivo azul.
Que o aplicativo era mellor que o de caixanova, sen dúbida. Xa era mellor o que utilizaba Caixa Ourense pero decidiron implantar o de Caixavigo cando foi a súa fusión.
Pero nin todo o deles era malo, nin todo o noso é o mellor. E debemos escoitalos, nas súas críticas tamén hai cousas que nos permitiran mellorar.
Enviar um comentário