14.9.11

Fin das Caixas de Aforros en Galiza

Alexandre Bóveda
Hoxe 13 martes, Galiza embarcouse nunha aventura que terá sen dúbida graves consecuencias no futuro, a desaparición das Caixas de Aforros. Mal día, pero calquera sería malo para esta noticia.

Si algunha lección nos deixa a dura crise económica que estamos sufrindo os pobos, que non o capital, é a importancia de contar con sistemas financeiros saneados, coa vitamina "F, financiación, indispensable para calquera economía. Son necesarias entidades propias, públicas e estrictas regulacións dos mercados financeiro para evitar que especulen poñendo en risco o benestear dos mais en beneficio dos menos.

Haberá quen pense que a desaparición da Caixa de Aforros e a súa transformación en banco non terá custes laborais, demostran descoñecemento, entrega ou malicia. Son tontos inútiles para o persoal pero tamén para a propia empresa.

O PPSOE acabou privatizando as Caixas. Consideran que a cobiza debe guiar o destino do ser humano e da sociedade.

Sem comentários: