26.8.11

Do dito ao feito hai un treito

En primeiro lugar estamos preocupados pola falta de autorización do BdE á creación do novo banco e ao traspaso de negocio nos prazos previstos. Non nos creemos que sexan “erros administrativos” do BdE ou que este organismo está de vacacións. Estamos ante unha situación nada habitual, alguén da Dirección debería dar explicacións.

Por outra banda en relación a situación laboral dicir que é un segredo a voces que, ante a imposibilidade de vender parte da rede (fóra de Galiza, pero tamén aquí), a Dirección pretende incrementar as oficinas a pechar por riba do previsto na fusión; e unha maior redución do número de oficinas, traducirase nunha maior redución de persoal nos Servizos Centrais.

A Dirección non informou durante a tramitación do novo ERE sobre o número de oficinas que pecharán, pero sempre dixo que as baixas incentivadas afectarían fundamentalmente fóra de Galiza. Cabe preguntarse se, antes de asinar un acordo para DESPEDIR a compañeiros/as máis alá do Padornelo ou Pedrafita, os sindicatos estatais non preguntaron cantas oficinas pecharán e como vai a afectar a todos e todas.

Preséntase un acordo para despedir como un gran acordo, a empresa xa podía despedir unilateralmente con 45 días por ano traballado. É un acordo malo que non resiste a comparación por exemplo co do Citibank, que contempla baixas cunha indemnización de 70 días por ano traballado e prexubilacións co 100%.

Despois do papelón sindical, lemos “críticas” no papel sobre a situación laboral: hai quen critica traslados; a situación creada pola integración informática; a falta de concreción sobre a reestruturación dos servizos centrais; a presión dos mandos intermedios…, aquí critícase todo. Lamentablemente, esas criticas son de papel, falsas, só en circulares, e non se reflicten na actividade sindical, nos feitos. Hai un sindicalismo submiso, case “pelota”, servil, que quere caer ben á Dirección sexa a que sexa, malia que implique renunciar a defender aos traballadores/as.

A CIG ten clara a súa posición contraria sempre aos DESPEDIMENTOS. Non temos que agocharnos detrás de ninguén para xustificarnos, non asinamos o novo ERE por convición e coherencia sindical.

Pd. Hai despedimentos na empresa e haberá recortes salariais vía Convenio, si non ao tempo.

3 comentários:

Angel Cristo disse...

Que carallo de Banco van aprobar, vai ser NCG a secas (NOVO CIRCO GALEGO) tódolos/las empregados/as no trapecio, agarradiños a el para non caer, xa que ademais non hai rede debaixo, as fieras (mandos intermedios) recibindo latigazos dos domadores obedecendo sen rechistar e os donos non asoman a cabeza nin para ver como van os trapacistas, será que como fan o papel dos payasos, sairán ao rematar a función.

Monica Lewinsky disse...

OFERTA DE TRABALLO: NECESÍTANSE 4 PERSOAS RESPONSABLES PARA RESOLVER A CRISE, AXUDANDO,COLABORANDO. ASÍ É COMO ARREGLARÍAMOS A NCG:
-UN ELECTRICISTA: Para quitar aos ENCHUFADOS
-UN CHARCUTERO: Para cortar aos chourizos en rodaxas
-UN CURA(ou dous, que hai chollo): Para repartir HOSTIAS
-UN FONTANERO: Para pechar o GRIFO da Dirección!!!

Un ex-CSI-CA (por fin vin a luz) disse...

E despois virán as eleccións sindicais e lles seguirán votando a estes miserentos. NON ESTÁN OS TEMPOS PARA POÑE-LO CU.

FORZA C.I.G. SODES OS ÚNICOS QUE POÑEDES OS COLLÓNS EN TODA-LAS SITUACIÓNS.