22.6.11

A empresa di que parte das medidas poderían ser vía ERE

Tal e como anticipamos a proposta presentada pola Dirección da empresa para o acordo de traspaso ao banco non garantía o emprego nin contiña compromiso de non aplicar medidas traumáticas; non garantía as retribucións brutas anuais e a calidade das mesmas; ademais a empresa non facilitou ningún tipo de información da establecida legalmente.

Pero unha vez analizada a súa proposta polo miudo atopamos que debaixaba aberta unha porta para a adopción de medidas de carácter colecitvo, ao facer referenza ao artigo 44.9 do Estatuto, polo que como punto previo da reunión solicitamos da empresa que nos informase si a súa proposta abria tal posiblidade. 

Por parte da empresa respostouse que o acordo podía derivar nun ERE ou nun ERTE (Expedente de regulación de emprego temporal) para abordar as medidas propostas en materia de reestruturación: baixas incentivadas, suspensións de contratos e reduccións de xornada. 

Estase falando abertamente dun ERE na mesa, que non incluiría prexubilacións, si non baixas incentivadas (despidos pagados), suspensións de contratos e reduccións de xornada.

Estas medidas xa foran acordadas no Pacto Laboral da fusión, que establece que é posible a prorroga das mesma por acordo da Comisión de Seguimento, neste senso preguntamos si o novo ERE sería tramitado a través da citada Comisión, ao que dende RRHH respostaron que entenden que habería que facer un novo ERE. Posteriormente indicaron que a posibilidade de ampliación debía ser consultada á Dirección Xeral de Traballo e que un ERE daría vantaxes fiscais e dereito a percibir o desemprego por parte dos afectados.

Dada a intención da empresa preguntamos si con esta negociación do traspaso ao banco daban trámite ao período de consultas previsto para os casos de ERE ao que respostaron que o acordo que se negociaba podía ser, como o Pacto Laboral, a xustificación do mesmo.

Por parte da CIG expusemos que non negociamos despedimentos (baixas incentivadas) lembrando que foi un dos motivos polos que non asinamos o Pacto Laboral e que reiterábamos a solicitude da información prevista no artigo 44 do ET. Que unha cuestión era instrumentalizar as prexubilacións a través dun ERE (a única alternativa plausible) e outra negociar un ERE con despedimentos pagados, ao que responderon que serían medidas “voluntarias”.

En relación ao acordo de traspaso ao Banco Indicamos que tiña que ter como referenza mínima o cumprimento da lexislación e non substituila, que debían establecerse garantías dos postos de traballo e un compromiso de non adopción de medidas traumáticas (malia que tal e como fixemos constar o ERE é unha medida traumática). Que esixíamos garantías da calidade e cantidade das retribucións anuais e por último que demandamos información de cómo afecta ao persoal da Obra Social e da Fundación a privatización da Caixa e que debían incluirse tamén compromisos nesta materia.

A empresa debe facilitar documentación que acredite a necesidade das súas propostas e aclarar a canto persoal podería afectar, o resto xa o aclararon na reunión do día 22.

3 comentários:

Anónimo disse...

Mais que como "banquero" o castelan eses vaise estrear como banqu-ere.

Marino disse...

Quen minte?

O CSICA recoñece que estan negociando baixas incentivadas, suspensións de contratos e reduccións de xornada. Outra cuestión é que consideran que as baixas non son traumáticas.

http://www.facebook.com/notes/csicanovacaixagalicia/csica-y-otros-tres-sindicatos-negocian-un-acuerdo-con-la-caja-y-se-citan-para-un/226840147336589

Anónimo disse...

Como persoal da Obra Social síntome desprotexido ante tantas decisiósn que se toman sen ter en conta as nosas opinións. Vexo que en principio sodes os únicos que lembrádes que tamén somos traballadores da mesma empresa polo que dende aquí quero expresar o meu agradecemento.