A fusión tivo como consecuencia unha reestruturación da empresa, da que fomos informados previamente coa presentación do Plan Breogán; malia que a información foi parcial e moi deficiente, sabiamos o número de oficinas a pechar, ou do persoal que consideraban excedente. Con estes vimbios, en base a estas “necesidades” empresariais, negociouse o Pacto Laboral da Fusión.
Agora ante o proceso de bancarización, a empresa solicita novas medidas de reestruturación que quere incluír no Acordo de Traspaso ao banco. Antes de negociar, como fixemos no Pacto Laboral, deberíamos coñecer o Plan Laboral da nova Dirección.
A empresa pretende incluír baixas incentivadas, suspensións de contrato ou reducións de xornada, medidas que poden derivar nun ERE, tal e como indicaron.
Que son as “baixas incentivadas”?, un despedimento cunha indemnización pactada previamente. No sector houbo baixas indemnizadas voluntarias, pero tamén forzosas.
A proposta conxunta do “90% da representación sindical” inclúe no seu punto 11 as medidas de reestruturación: piden baixas incentivadas con 45 días por ano traballado e un máximo de 42 mensualidades, suspensións de contratos compensadas co 25% do salario e reducións de xornada. Entran nas propostas da empresa malia que a Dirección anticipou que poderían vir vía ERE.
E no punto 9 da súa proposta “o 90%” pide que a empresa se comprometa a non meter un ERE unilateral, pedindo que calquera ERE sexa “negociado”.
É por todo isto que decidimos non participar na Plataforma Conxunta. Queremos negociar, pero non sen ter información. Ademais, ante calquera posible “excedente”, a CIG aposta por un novo Plan de Prexubilacións.
Sem comentários:
Enviar um comentário