17.2.11

Continuamos coas mobilizacións

Concentración en Vigo 17 febreiro
No día de hoxe tiveron lugar mobilizacións da CIG contra os recortes sociais do Goberno, nomeadamente contra a reforma das pensións, pero tamén no noso caso, en apoio a Novacaixagalicia fronte a intención do Goberno de privatizala ou algo peor.

Concentrámonos en Vigo no cruce de García Barbón xunto á central de Novacaixagalicia.

Así mesmo, polo serán, a CIG apoiou as concentracións convocadas polo BNG baixo o lema “Salvemos o aforro galego, non á privatización da caixa”.

Xa temos novas concentracións convocadas, a seguinte diante do Concello de Vigo o día 24 de febreiro para dar resposta ás declaracións irresponsables de Abel Caballero, como respostaremos a calquera dirixente político dos que día si e día, continúan sementando dúbidas sobre a viabilidade e solvencia da nosa empresa. Sen dúbida, forman parte da campaña pública de desprestíxio para xustificar a privatización ou algo peor, que é o que pretende a modificación das regras de xogo anunciada polo Goberno.

Non cesaremos na loita en defensa da nosa empresa.

Sem comentários: