18.1.11

O "transitorio" quere decidir

O Gayoso vigues, non o do Luar, di que non sabe nada da privatización pero que é un proceso que deberían decidir os órganos de goberno.

Cabe lembrar que estes continuan de xeito transitorio, incluido el que supera a idade para manterse no cargo. Poden uns órganos transitorios decidir privatizar a Caixa? evidentemente non, pero tampouco si fosen renovados.

A Caixa non é del, nin das persoas que forman parte dos órganos de goberno, a privatización dunha empresa baixo control público afecta a toda a sociedade.

Que sucedería se decidisen os dirixentes e sairan beneficiados no proceso de privatización, cabería sospeitas da primacia dos seus intereses particulares sobre o interese xeral, a privatización á rusa.

Opúxose a Lei Galega de Caixas para poder seguir para privatizar a Caixa, xa o quixo facer metendo a Caixanova nun SIP.

Son esta clase de dirixentes, amarrados á cadeira os que alimentan a quenes pensan que dentro das Caixas hai sorpresas gardadas.

Si o das Caixas é un problema de falta de confianza o melllor remedio é  ser transparente: aplicar a democratización prevista na Lei Galega de Caixas, ao fin  a democracia é transparencia.

Sem comentários: