![]() |
Ollo coa carteira!! |
Así mesmo, insistimos en que nas simulacións da Caixa hai erros na retención que, nalgúns casos, está por baixo do mínimo legal.
En todo caso como continuación ao noso comunicado do 13 de xaneiro, pasamos a explicar a situación do persoal con indemnizacións superiores ás 42 mensualidades.
Persoas con indemnizacións que superan as 42 mensualidades
Hai que ter en conta que no ano da prexubilación percibirase o salario ata a data de saída, que ten a consideración de renda do traballo e a indemnización.
Con carácter xeral a parte que supere as 42 mensualidades ten a consideración de renda irregular. Como renda irregular ten unha redución do 40% (ata un límite de 300.000 euros), pero o 60% restante tributa.
-Cando o exceso sobre as 42 mensualidades sexa “pequeno”
Nalgúns casos (non con carácter xeral) pode ser interesante solicitar a prestación mixta (ata as 42 mensualidades como capital e o resto como renda). Dado que se repartirá a renda irregular entre os anos de cobro. En todo caso consultádeo e facede números.
En relación á retención fiscal, dicir que a retención pode modificarse sen problema a principio de ano.
-Cando o exceso sobre as 42 mensualidades sexa “amplo”
Tede coidado, non modifiquedes a retención a principio de ano, nomeadamente se a saída da empresa é no segundo semestre.
No ano da prexubilación percibiredes rendas de traballo e unha parte da indemnización que tributará como renda irregular.
Se solicitades a retención mínima legal a principio de ano, e vos prexubilades no segundo semestre, podedes atoparvos cunha desagradable sorpresa, xa que para o cálculo da retención, non teredes en conta a renda irregular que percibiredes nese ano.
O Acordo Laboral contempla que o persoal coñecerá a súa data de saída cun mes de antelación. Temos solicitado que se amplíe ese período a dous meses, para ter tempo suficiente para modificar daquela a retención fiscal. A outra opción sería que nestes casos a Dirección axilice a saída deste persoal a principio de cada ano.
Sem comentários:
Enviar um comentário