21.12.10

Posición da CIG na Asemblea Xeral da novacaixagalicia

Representantes da CIG na terceira fila
A Asemblea Xeral é o máximo órgano de goberno nas Caixas de Aforros, non é un foro de negociación laboral, para a CIG o noso papel na mesma debe estar centrado en conseguir unha boa xestión que garanta a viabilidade e a solvencia da entidade como garantía de futuro e polo tanto dos postos de traballo que queden.

Aprobouse co único voto en contra da CIG, que novacaixagalicia poda endebedarse ata en 21.162 millóns de euros (3,5 billóns das antigas pesetas), perpetuando o modelo de xestión que nos levou a situación actual. Neste senso os catro representantes da CIG na Asemblea Xeral de novacaixagalicia interviñeron explicando o voto negativo como noutros puntos do orde do día.

Aprobación do organigrama: A paridade (en base a entidade de procedencia, que non de xénero) levou a duplicar o organigrama, un sobredimensionamento que é pouco operativo e caro. Insistimos que a austeridade é un valor para quen recibe diñeiro público. Así mesmo insistimos en que se perpetua aos anteriores xestores, sen que asuman responsabilidades e polo tanto perpetuase un modelo de xestión profundamente errado.

Emisión Participacións Preferentes FROB: Pedir diñeiro ao FROB implica o requisito de asumir recortes en materia de emprego e peches de oficinas, non se pode estar a favor do FROB e contra o peche ou venda de oficinas (iso demostraría ou descoñecemento ou oportunismo).

O FROB hipoteca o futuro e a natureza xurídica da Caixa. Si non é posible devolver os 1.162 millóns de euro, prestados cunhas condicións leoninas, as participación preferentes son convertibles en cotas participativas con dereitos políticos a favor do FROB, podendo proceder o Banco de España á venda da Caixa.

Cabe lembrar que a CIG apostou por que fose a Xunta de Galicia e as entidades fundadoras as que achegasen fondos sen ningún tipo de contrapartida conforme a Lei de Caixas de Galicia do 2009, para garantir a viabilidade e solvencia da Caixa.

Emisión valores: Solicitábase unha autorización para que o Consello de Administración poda aprobar emitir débeda por valor de 20.000 millóns de euros. Xa nos días precedentes tentamos coñecer os motivos que levan a posibilidade de emitir débeda ata un límite tan desorbitado (si por exemplo procurábase liquidez temporal para o caso de non poder realizar os desinvestimentos). Seguir endebedando á Caixa é un erro que hipotecaría o futuro, o propio Plano de Integración insistía na necesidade de reducir a dependencia da financiamento maiorista e retornar ao negocio tradicional.

Así mesmo argumentamos que estamos en contra a comercialización de participacións preferentes, cédulas hipotecarias ou produtos financeiros complexos no tramo minorista por respecto á clientela.

Liñas de actuación: A Dirección presentou unha liñas indefinidas e vagas, entendemos que é esixible unha maior concreción, estamos falando do futuro da entidade e polo tanto dos 6.800 postos de traballo.

Nomeamento Auditores: O Consello de Administración propuxo á firma Deloitte como auditora. Un informe de Deloitte previo á fusión encargado por Caixanova negaba a viabilidade da fusión. Posteriormente cando a Dirección de Caixanova cambiou de posición sobre a fusión, Deloitte emitiu un novo informe dicindo que a fusión era viable. Quen realiza informes por encargo non nos resulta fiable.

Por último dicir que durante a exposición a Dirección fixo un relatorio dos “Hitos relevantes da integración”, nos que incluíron a aprobación do ERE, reprochámoslle na Asemblea que a aprobación dun ERE é unha desgraza (por non dicir unha vergoña) non un “fito” a celebrar. E no mesmo punto insistiron en plan poético en que o logo da Caixa representa unha vela pola Galiza interior e unha vela pola Galiza costeira, entre vela e vela os traballadores/as estamos a velas vir.

5 comentários:

O Subasteiro disse...

Cotas Preferentes á unha, Cotas Preferentes as dúas, Cotas Preferentes as tres. ¡ADJUDICADO! ¡COTAS PREFERENTES PA TODO DIOS!

testigo ocular. disse...

Primeras declaraciones de Julio Gayoso a José Luis Pego al llegar a la Coruña:

-"Pego algún día todo esto será tuyo...cuando yo muera".

Outro que tamén estivo disse...

O vello segue a levar a bara de mando e nesta asemblea o deixou ben clariño. Ninguén se moveu sen o seu permiso.
Por certo, o Sr.Méndez nin estaba nin se lle agardaba.

El pescadilla e lola frores e toxos disse...

Chicos, chicos, que si non emiten nova débeda non poden pagar a que deben e ala imos todos.

Claro que si o problema é que si non emitimos nova débeda para pagar a vella esto non pita, habería que pedir explicacións aos que mandaban cando nos endebedamos.

A non, que son os mesmos que mandan agora e queren emitir nova débeda para tapar o pufo que crearon endebedandose cando mandaban antes.

Paro, que esto vai ser a pescada que se morde a propia cola.

A garota disse...

Pezcailla, chámanse CARIOCAS.