22.12.10

Persoal maior de 60 anos semella solventada a posible irregularidade.

A prexubilación do persoal con máis de 60 anos conforme ao acordo laboral podía caer nunha irregularidade manifesta, polo que nos puxemos en contacto co Departamento de RRHH para poñelo en coñecemento. Malia que no acordo laboral non figura, nos indican que se terá en conta chegado o momento da prexubilación.

A Caixa resérvase ata 2 anos e medio para dar saída ao persoal prexubilable, polo que pode haber casos nos que a súa saída sexa con 63 anos.

O pacto laboral establece unha prexubilación calculada sobre o 98% do salario neto, descontados determinados complementos.

A indemnización legal mínima de despedimento é de 20 días por ano traballado cun máximo dunha anualidade. Ademais, hai complementos que non se teñen en conta para a prexubilación que poderían terse en conta para a indemnización por despedimento.

Por todo o exposto, quen a data de extinción do contrato teña 63 anos ou máis, pode percibir unha prexubilación cunha indemnización inferior á que legalmente lle corresponda.

Neste senso xa nos temos dirixido á Caixa, para que resolveran esta cuestión non contemplada no Pacto Laboral. Finalmente nos informan que no momento efectivo da prexubilación, naqueles casos que a indemnización de prexubilación sexa inferior á indemnización legal de despedimento, abonarase esta última.

1 comentário:

LUIS extra-TERRESTRE disse...

E os sesudos e ben pagados asesores das Caixas; o Ministerio de Paro e Recortes Laborais do PSOE; os de CCOO e CSICA eses grandísimos....sindicalisto; todos eles non caeron que asinaban algo por baixo da lexislación e co ERE a incumpría?