![]() |
Aperos de traballo de RRHH |
A día de hoxe continuamos sen coñecer o contido dos citados acordos, unha falta de transparencia inexplicable nunha cuestión tan sensible como os salarios. Solicittamos de xeito reiterado información ao respecto, indicándonos a empresa en varias ocasións que estaba preparando o desenvolvemento dos acordos previa a súa presentación á representación sindical.
Nalgún caso o aprobado unilateralmente podería consistir na desaparición de complementos universais que no seu día foron pactados coa representación sindical, como no caso do CPAR que cobraba o persoal administrativo de Caixa Galicia. De ser así estaríamos ante unha irregularidade clara, tendo anunciado a CIG un conflito colectivo, cecais precisamente o seu silencio responde a que son conscientes de que meteron a zoca.
Agardamos que nos vindeiros días se proceda a facilitar toda a información sobre medidas que afectan aos nosos salarios.
Sem comentários:
Enviar um comentário