9.6.14

Solidariedade con Julian Horche, readmisión XA!!!

Hoxe a Dirección da empresa comunicou ao compañeiro Julian Horche o seu despedimento disciplinario,  un despedimento inxusto e unha decición da Dirección que marcará a nova andaina que se inicia.

Julian foi un dos representantes da CGT nas mesas de negociación dos  Expedientes de Despedimento Colectivo que sufrimos dende a fusión. Malia que el é de Madrid,  estaba destinado na zona de Santiago, despois de ser trasladado de xeito forzoso dende Guadalajara, traslado que estaba xudicializado. 

Agora foi despedido por realizar comentarios críticos coa Dirección na intranet da empresa, sempre utilizando os espazos que esta puso a disposición dos traballadores e traballadoras. 

O seu despedimento vulnera o dereito á liberdade sindical e á liberdade de expresión, polo que xa lle trasladamos a nosa solidariedade a Julian e o noso apoio á CGT. 

Cando unha empresa despide sindicalistas, 
nada bo agarda aos traballadores e traballadoras.





Sem comentários: