11.6.14

Nova norma de gastos e outras.

A empresa aprobou unilateralmente unha nova normativa de compensación de gastos que consideramos que vulnera os dereitos dos traballadores/as, a día de hoxe temos solicitado información ao respecto. Ultimamente aprobaron unilateralmente outras normas de educación, aspecto, vestimenta, etc. 

 Sendo os desprazamentos un risco laboral e constando ademais o persistente número de accidentes relacionados con desprazamentos laborais, compartimos que deben de evitarse ao máximo. Pero iso implica deixar de realizar reunións fora da xornada laboral que ademais tenden a eternizarse (os xefes non teñen en conta que a xente debe volver a súa casa); evitar asignar ao persoal destinos lonxe do seu domicilio (canta xente está desprazada por castigo/capricho); evitar desprazamentos diarios debido á incorrecta dotación das oficinas, etc. 

Con carácter xeral somos partidarios dos transportes públicos que son mais ecolóxicos, outra cuestión é que se nos poda obrigar a utilizalos e sobre todo cando os horarios non se adapten as necesidades. Desgraciadamente os transportes públicos en Galiza están pouco desenvolvidos e por exemplo un desprazamento en autobus entre A Coruña e Vigo duplica o tempo de facelo en coche (a empresa non lle importa si temos que alongar a xornada laboral, total non pagan as horas extras). 

Outro punto no que se excede a empresa é na norma que regulará o uso do coche propio. Si un traballador/a pon o seu coche particular a disposición da empresa, esta debe facerse cargo dos gastos, non hai outra. Sendo un coche particular a empresa tampouco pode obrigarnos a compartilo con outros viaxeiros, que ocorrería en caso de accidente?. O coche o pago eu, é meu e levo nel a quen quero.

Pero a de compensación de gastos non é a única nova norma, a empresa estase excedendo coa aprobación de normas unilteralmente que afectan a esfera persoal ou que son materia que debería ser obxecto de negociación. 

Por exemplo atrévense a ditar normas de "educación", pero quen se pensan que somos!!!, aquí sempre tratamos con educación á clientela e o  respecto é habitual no trato entre os compañeiros/as. Si alguén faltou habitualmente ao respecto foron algúns xefecillos tóxicos. Outro exemplo é a nova regulación sobre "aspecto físico e vestimenta", que invade claramente a esfera persoal (e non imos xulgar os gustos de cada quen).

Deixen de ditar tantas normas e expliquen de xeito transparente que Plan Laboral presentou a Dirección en Bruxelas co apoio do FROB. Iso é o mais importante.

2 comentários:

Anónimo disse...

Curioso no "Protocolo de Actitud de Servicio" prohiben que levemos insignias, pulseiras ou complementos que teñan referenzas políticas ou deportivas e logo sae a plana maior coas camisetas do Deportivo celebrando o ascenso. Abraiante!!!

E como non decides nada de que nos digan que temos que ir aseados!!, nin que fósemos porcos. De que van!!

Administrador disse...

Exactamente, tamen deberían explicar que pasacoa crucifixos, que son símbolos relixiosos e polo tanto ideoloxicos. Por moi do Opus que sexa algún.